Do 12 ao 19 de Decembro celebráronse en Santiago de Compostela as xornadas do CultRural, nas que tivemos a sorte de participar. Nelas expuxemos o noso proxecto pola nosa futura relación co sector agroalimentario, e aproveitamos para concienciar do problema laboral no colectivo que nos ocupa, razón de existir da nosa iniciativa empresarial. Compartimos mesa con outras iniciativas agroalimentarias de éxito asentadas e consolidadas no rural galego (Xantar de Vagar-Slow Food Galicia Litoral, Cooperativa Caprina Galega, Convivum Slow Food Compostela, Realiméntate, Rede de Microincubadoras do Local, Aprender para Emprender no Rural), polo que puidemos beber da sabedoría e a experiencia doutras entidades. Ata o ano que ven!

xornadas-cultural-entrelampo