Primeiro, o emprego
Sobre Nós
Somos unha asociación pro saúde mental sen ánimo de lucro que nace co fin de lograr unha maior inclusión laboral das persoas con problemas de saúde mental graves poñendo o foco na creación de emprego.
1. sust. Resplandor fugaz como o do relampo.
2. sust. Instrumento de labranza coa folla curva e o mango curto que se utiliza para segar.
A misión, as persoas con problemas de saúde mental graves teñen as peores tasas de emprego dentro dos grupos de diversidade funcional. A Misión de Entrelampo é a inclusión laboral deste colectivo na nosa área.
A visión de Entrelampo é ser un referente na inclusión laboral de persoas con problemas de saúde mental a través da creación de postos de traballo en empresas sociais, tanto a nivel local como autonómico.
O noso primeiro proxecto
Ademáis, grazas á colaboración de Caritas Interparroquial de Santiago de Compostela e ao GDR Terras de Compostela, temos proxectada unha explotación hortícola na parroquia de Marrozos (Santiago de Compostela) que creará catro empregos para persoas do colectivo.
Patrocinadores xema e clara
Agradecementos Xema e Clara
Flako Estévez (Valentín Estévez Rial)
Familia Gándara Mateo
Raquel Senra
Víctor Rivas
Restaurante Maria Castaña
Cat and Curious
Francisco Albo (La Voz de Galicia. Edición Lemos)
Manuel Fraga (Vía Láctea Comunicación)
Andrès Pavòn (Crtvg Galicia)
Lydia Ferrando (EFE)
Os nosos piares
O principal obxectivo de Entrelampo é crear emprego para persoas con problemas de saúde mental graves a través de iniciativas de Economía Social centrado no sector agroalimentario, que aposte pola imaxe e pola marca, pola visibilidade.
Emprego
O problema do emprego solucionase, en primeiro lugar, con emprego. O asistencialismo queda nun segundo plano.
Empresa social
O obxectivo final é a inclusión laboral, priorizando as empresas da Economía Social por diante da empresa “ordinaria”.
Visibilidade
Máis que emprego, apostar por iniciativas con alta visibilidade, credibilidade, e recoñecemento.
Xunta Directiva
Descobre quen está detrás de Entrelampo
Juan Soriano
Presidente
· Especialidade de Psiquiatría no servizo de psiquiatría de Santiago de Compostela durante catro anos ata o 2014.
· “Máster de Neurociencias” impartido pola Universidade de Santiago de Compostela (USC)
· «Máster de Psicogeriatria» pola Universitat Autònoma de Barcelona (UAB).
· Participante do proxecto de cooperación internacional “Salud Mental para Todos” no Perú, dirixido pola ONG Juan Ciudad no 2013.
· Actualmente traballa no servizo de Psiquiatría de Santiago de Compostela.
Fernando Casal
Vicepresidente
· Durante os últimos 17 anos desenvolveu a súa carreira profesional dentro do mundo das Tecnoloxías da Información, trala finalización dunha Formación Profesional en Sistemas e Redes informáticas.
· Nos cinco anos comprendidos entre 2014 e 2019, combinou o seu traballo nunha empresa de Loxística Hospitalaria co estudo do Graduado en Nutrición na Universidade Isabel I de Castilla.
· Na actualidade, traballa no centro de https://nutricionstellae.com como dietista nutricionista.
Lucía Iglesias
Secretaria
· Postgrao en Fisioterapia en «Traumatología y Cirugía Ortopédica» pola Universitat Autònoma de Barcelona no ano 2008
· Máster en neurorehabilitación no «Institut Guttmann» pola mesma universidade no 2010.
· Dende 2013 a 2019 traballou como fisioterapeuta nos servizos da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.
· Actualmente traballa como fisioterapeuta para o Servizo Galego de Saúde.
Ivan Cañás
Tesoureiro
·Co grao en Dietética e nutrición humana pola universidade Isabel I de Castilla (2013-2017)
· Co MBA en «Administración y Dirección de Empresas» pola IFFE Business School no 2017.
· Dende 2011 adícase a funcións de xestión financeira e técnica de distintos grupos de panadería e repostería galegos.
O blog de Entrelampo
Xornadas da (AGSM-AEN)
Nas últimas xornadas da Asociación Galega de Saúde Mental (AGSM-AEN) tituladas “O Sufrimento Psíquico: Malestares e Expresións Psicopatolóxicas”,...
Xornadas do CultRural con Entrelampo
Do 12 ao 19 de Decembro celebráronse en Santiago de Compostela as xornadas do CultRural, nas que tivemos a sorte de participar. Nelas expuxemos o...
Colaboradores de Entrelampo
Contacto
Para calqueira aclaración, dúbida ou suxerencia mande un email a entrelampo@entrelampo.com