Rede de Consumo xusto da Avoa Hortensia
Pedidos
Os pedidos serán a través de cestas pechadas ca verdura de tempada.O funcionamento será a través de subscrición:
Funcionaremos cunha conta monedero. Cada cliente carga a súa conta cos cartos que considere, e recibe un envío cada 15 días de forma automática. Como veredes, canto máis recarga, mellores prezos:
- Carga 30€: prezo estándar.
- Carga 50€: 2,5% de desconto sobre o prezo.
- Carga de 100€: 5% de desconto sobre o prezo.
As compras ou pedidos feitos antes das 15h de cada martes serán procesadas para entregar ese mesmo mércores, en caso contrario a entrega sería para a seguinte semana, polo que poden aparecer cambios nas características das cestas.
Para subscribirse vai ao formulario do final desta páxina.
¿Como funciona a conta de saldo?
1.-Escolles as cargas de cartos preestablecidas: 30€, 50€, 100€.
2.-Fas o pagamento:
- Fas unha transferencia ao noso número de conta:ES88 0081 0499 6100 0205 2916. Beneficiario: Entrelampo.
- Ou pagas en efectivo a carga escollida cando recibas a primeira cesta.
Cada vez que recibas unha cesta recibirás unha mensaxe co teu saldo actualizado. Se quedan cartos na conta poderás recargar a conta ou solicitar os euriños que resten. Recibirás cestas ata que quedes sen saldo suficiente, funcionamos a modo “subscrición”, non é posible deixar de recibir cestas salvo causa maior, é un COMPROMISO entre produtora e consumidora.
Zonas de Entrega
No inicio daremos prioridade a entrega en Santiago de Compostela, Bertamirans e Milladoiro e en segundo lugar a concellos limítrofes. As solicitudes fora da área de influencia quedarán nunha listaxe de agarda esperando a que aumente a rede de consumo na zona en cuestión, se tes dúbidas sobre a túa zona contacta con nós a través de entrelampo@entrelampo.com. Por suposto, tamén podedes pasar a recollelas a Marrozos, previo aviso. Lembrade que o voso lugar de traballo pode ser unha boa opción de entrega e ademais podedes facer grupo de consumo!
As entregas serán en horario de tarde, os mércores. Nos casos dos grupos de consumo (mínimo 5 cestas) cun único punto de entrega facilitaríase o envío de mañá incluindo lúns.
O Produto
Como comentamos, as cestas serán elaboradas ca verdura de tempada de cada momento, recollida no mesmo día da entrega.
Nesta tempada de primavera-verán teremos chícharo, leituga, cabaciño, cogombro, brécol, tomate, tomate negro de Santiago, xudía, bimi, kale, acelga, verza, remolacha, patata, cebola, porro, espinaca… A nosa intención será ir diversificando a produción cada ano, contando cas vosas suxestión, preferencias,…
Na nosa explotación empregamos prácticas sostibles e respetuosas co medioambiente, ca intención de certificarnos a través do CRAEGA no 2023.
Cestas do Mes
Semana 4-8 de xullo
CESTA | Leituga Remolacha Cabaciño Cogombro Xudía Pataca Allo porro Produto sorpresa: berenxena, pemento ou tomate. |
16.5€ |
Os prezos inclúen IVE e entrega.
Se queres empezar a desfrutar das nosas verduras envía o seguinte formulario e xa nos poñemos en contacto contigo para tramitar a túa primeira entrega!