entrelampo

Primeiro, o emprego

So dun 5% a un 18% das persoas con problemas de saúde mental graves traballan.

As últimas estadísticas procedentes do INE1 falan dun 15.9% para as persoas con diversidade funcional de tipo mental, a peor cifra de tódolos grupos, estadísticas que inclúen persoas con problemas non considerados “graves”. A maioría dos que conseguen traballo pérdeno en menos de seis meses, e, o máis dramático, o 90% queren traballar. Datos vergoñentos, propios dun grupo en risco de exclusión social.

 

Sobre nós

Somos unha asociación pro saúde mental sen ánimo de lucro que nace co fin de lograr unha maior inclusión laboral das persoas con problemas de saúde mental graves poñendo o foco na creación de emprego.

Lampo:

1. sust. Resplandor fugaz como o do relampo.

2. sust. Instrumento de labranza coa folla curva e o mango curto que se utiliza para segar. 

A misión, as persoas con problemas de saúde mental graves teñen as peores tasas de emprego dentro dos grupos de diversidade funcional. A Misión de Entrelampo é a inclusión laboral deste colectivo na nosa área.

A visión de Entrelampo é ser un referente na inclusión laboral de persoas con problemas de saúde mental a través da creación de postos de traballo en empresas sociais, tanto a nivel local como autonómico. 

 

Pro saúde mental

O noso primeiro proxecto

O primeiro obxectivo é iniciar un centro especial de emprego sen ánimo de lucro para comercializar ovos procedentes de galiñas campeiras, con visibilidade e marca propia.

Ademáis, grazas á colaboración de Caritas Interparroquial de Santiago de Compostela, temos proxectada unha explotación hortícola na parroquía de Marrozos (Santiago de Compostela).

Os nosos pilares

O principal obxectivo de Entrelampo é crear emprego para persoas con problemas de saúde mental graves a través de iniciativas de Economía Social centrado no sector agroalimentario, que aposte pola imaxe e pola marca, pola visibilidade.

EMprego

O problema do emprego solucionase, en primeiro lugar, con emprego. O asistencialismo queda nun segundo plano.

Empresa social

O obxectivo final é a inclusión laboral, priorizando as empresas da Economía Social por diante da empresa “ordinaria”.

visibilidade

Máis que emprego, apostar por iniciativas con alta visibilidade, credibilidade, e recoñecemento.

Xunta directiva

Descobre quen está detrás de Entrelampo

Juan Soriano

Presidente

· Licenciado en Medicina na “Universitat Rovira i Virgili” de Tarragona no ano 2009. 

· Especialidade de Psiquiatría no servizo de psiquiatría de Santiago de Compostela durante catro anos ata o 2014. 

· “Máster de Neurociencias” impartido pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) 

·  «Máster de Psicogeriatria» pola Universitat Autònoma de Barcelona (UAB). 

· Participante do proxecto de cooperación internacional “Salud Mental para Todos” no Perú, dirixido pola ONG Juan Ciudad no 2013.

– Actualmente traballa no servizo de Psiquiatría de Santiago de Compostela.

Fernando Casal

Vicepresidente

· Graduado en Nutrición Humana e Dietética. 

· Durante os últimos 17 anos desenvolveu a súa carreira profesional dentro do mundo das Tecnoloxías da Información, trala finalización dunha Formación Profesional en Sistemas e Redes informáticas.

· Nos cinco anos comprendidos entre 2014 e 2019, combinou o seu traballo nunha empresa de Loxística Hospitalaria co estudo do Graduado en Nutrición na Universidade Isabel I de Castilla.

– Na actualidade, traballa no centro de https://nutricionstellae.com como dietista nutricionista.

 
Lucía Iglesias

Secretaria

· Diplomada en Fisioterapia pola «Universitat Rovira i Virgili» de Tarragona no 2006.

· Postgrao en Fisioterapia en «Traumatología y Cirugía Ortopédica» pola Universitat Autònoma de Barcelona no ano 2008 

· Máster en neurorehabilitación no «Institut Guttmann» pola mesma universidade no 2010.

 · Dende 2013 a 2019 traballou como fisioterapeuta nos servizos da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

– Actualmente traballa como fisioterapeuta para o Servizo Galego de Saúde.

 
Ivan Cañás

Tesoureiro

. Licenciado en Medicina e Ciruxía pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 2011. 

·Co grao en Dietética e nutrición humana pola universidade Isabel I de Castilla (2013-2017) 

· Co MBA en «Administración y Dirección de Empresas»  pola IFFE Business School no 2017.

– Dende 2011 adícase a funcións de xestión financeira e técnica de distintos grupos de panadería e repostería galegos.

 

Faite socio!

Queres ser socio? A túa aportación é moi importante para o desenvolvemento da asociación e poder chegar a máis xente, por iso precisamos da vosa colaboración.

Ter mais de 18 anos e unha discapacidade de tipo mental acreditada superior ao 33%; ti ou o teu titor/a legal podedes asociarvos a Entrelampo como socios de pleno dereito e participar activamente do seu crecemento.

Se non cumpres alguns dos criterio anteriores , queres colaborar co proxecto, e asistir nas asambleas, podes facelo como socio colaborador.

El blog de Entrelampo

Colaboradores de Entrelampo

logo-xunta-de-galicia-colaborador-entrelampo
Colaborador-entrelampo-concello-santiago-de-compostela
colaborador de entrelampo caritas santiago de compostela

Documentación

Contacto

Para calquer aclaración, duda ou suxerencia mande un email a entrelampo@entrelampo.com